A cooperativa Erica Mel comercializa mel multifloral, meles monoflorais e outros produtos apícolas.

MEL DE FLORES SILVESTRES. MULTIFLORAL Denominación IXP-Mel de Galicia

Cor ámbar escura con tons vermellos.
Mestura de meles con variada orixe floral: castiñeiro, silva, queiroga e outras flores de monte.
Mel doce con notas salgadas, amargas ou acedas, dependendo das floracións máis abundantes na contorna das abellas.
Representa a nosa tradición en meles.

Mellora moito o valor dietético da nosa alimentación ao substituírmos o azucre por este mel en todos os casos.

MEL DE BREZO-QUEIROGA (ERICAS)

Cor ámbar escura con tons vermellos, aroma a bosque no outono, gusto doce con notas salgadas e amargas. Mel característico e inconfundible.

Pole de ericas > 45 %

Apropiado para combater problemas renais e das vías urinarias.
Ideal para os que gustan pouco das cousas doces. Para usar con produtos lácteos, filloas, cociña, etc. Gran valor comercial.

MEL DE CASTIÑEIRO

Cor ámbar escura, aroma a madeira seca, mel doce con notas salgadas.

Pole de castiñeiro > 75 %

Gran desinfectante e cicatrizante, favorece a circulación sanguínea, moi apropiado en estado de cansazo.
Combina moi ben con lácteos, queixo, requeixo, iogour, xeados, pan.
Apenas cristaliza.
Da máis alta calidade.

MEL DE EUCALIPTO

Cor ámbar clara, alaranxada, aroma floral.
Sabor doce.

Pole de eucalipto > 70 %

Ideal para combater problemas de gorxa e, en xeral, para problemas do aparello respiratorio.
Moi demandado polos que gustan das cousas doces (nenos).
Pouca tendencia a cristalizar.
Vai moi ben para usar con infusións.

MEL DE SILVA

Cor ámbar, aroma floral e afroitado, gusto doce con compoñentes acedos e afroitados.

Pole de silva > 45 %

Mel moi dixestivo, uso en repostería.
Ideal para facer mel crema.
Usar para untar.

MEL DE MELATO

Cor ámbar moi escura, case negra.
Aroma malteado, moi intenso e persistente.
Mel doce cun claro compoñente salgado.

Condutividade eléctrica > 0,8 (mS/cm)

Mel cun alto valor biolóxico.
Combina moi ben cos lácteos, froitos secos, filloas.
Non cristaliza.
Moi demandado no mercado internacional.