Usos do mel e receita

Taller de cociña con mel desenvolvido nas instalacións de Erica Mel, en Arzúa, e dirixido por Antonio Gómez Pajuelo que elaborou un menú completo no que o mel era un ingrediente destacado.

 

USOS DO MEL

O consumo diario do mel apórtalle ao organismo unha enerxía natural ideal para esforzos físicos e mentais e axuda a manternos en boa forma. Un bo almorzo diario cos nosos meles é a mellor forma de empeza-lo día Substituir en todo momento o azucre polo noso mel aumenta o valor nutritivo da alimentación.

Para postres o mel é un complemento magnífico: con filloas, con queixo fresco, iogourt, requeixo, froitas de tempada etc...

 

TALLER DE COCIÑA CON MEL

O obxectivo destes talleres é descubrir as distintas aplicacións do mel na cociña e preparar algunhas receitas cos nosos meles.

Podemos elexir meles ben diferenciados según o uso que lle queiramos dar.

 

RECEITA DE ENSALADA CON MEL DE SILVA

Ingredientes: diferentes follas de ensaladas, aceite virxe extra de oliva, vinagre, sal e mel de silva.

Preparación: diluir unha culler sopera de mel (200 gr por cada 2-3 racións) nun pouco de auga. Aliñar a ensalada por este orde: sal, auga-mel, vinagre ao gusto e rematar cun bo chorro de aceite. Mesturar todo ben e servir.